MARGARITA LEDO ANDIÓN

Cineasta, esritora, catedrática de comunicación audiovisual, debuta no cinema como guionista e directora da longametraxe “Santa Liberdade”, 2004, 87m, unha coprodución Brasil/Galicia/Venezuela que se estrea nos Cines Verdi ( Madrid e Barcelona) en xuño de 2004, sendo motivo de abondosos escritors é motivo de innumerabeis traballaos críticos e percorre os Festivais de Málaga, Lisboa ou Trieste denantes exhibirse pola TVG e o Canal de Historia. A súa obra cinematográfica seguirá coa mediometraxe “Manuel María: fala e terra desta miña terra”, 2005, da que é directora e guionista, coa curta de 5m “Lavacolla, 1939”, Galicia 2005 para el film colectivo Hai que botalos! e coa produción executiva da longametraxe “CCVV”, Galiza, 2005, 65m., dirixida por Ramiro Ledo Cordeiro en homenaxe ao cineasta Carlos Varela Veiga.

Directora, guionista e produtora executiva da longametraxe “Liste, pronunciado Lister”, Galiza 2007, 110m, esta súa última película, presentada en Compostela no Festival Cineuropa en novembre de 2007, foi seleccionada polo Consorcio do Audiovisual de Galicia entre os catro mellores documentais do ano.

Unha curtametraxe dentro da modalidade filme-homenaxe, Para Líster, Galiza, 2007, 14m e mais Cienfuegos, 1913, Galiza, 2008, 15m, coa cineasta cubana Belkis Vega e próxima ao “cinema de correspondencia”completan, polo de agora, tres copiosos anos de obra fílmica.

Autora do DVD “Materia de Galicia”, 2004, para a exposición “Galicia Moderna” (CGAC-Santiago de Compostela/ Círculo de Bellas Artes, Madrid) a partir dos fragmentos recuperados de Galicia – Finis Terrae de Carlos Velo, foi exhibido no ambigú do Centro Georges Pompidou para a 27 edición do Festival Cinéma du Réel, e en cuxo catálogo escribiu o texto Ça vous-dit, Carlos Velo?

Con Documentalismo Fotográfico Contemporáneo: da inocencia á lucidez, 1995, inaugura na Galiza o ensaio sobre fotografía. Entre as súas obras figuran Documetalismo Fotográfico: Exodos e identidad, 1998, e Del Cine Ojo a Dogma95, 2004. O seu derradeiro libro, Cine de fotógrafos, acadou o Premio Fundació Espais d’art contemporani-2005.

Co-autora con Jacques Guyot e Roland Michon Production télévisée et identité culturelle 2000, Rennes, PUR, parte dos seus estudos sobre cine, identidade e audiovisual están traducidos ao inglés, francés,italiano, catalán ou portugués.

[+ INFO]